Elixidos os mellores TFG de temática galega 2024-25 nos premios organizados pola Cátedra Vegalsa-Eroski UDC
venres, 13 de febreiro do 2026
ContribuÃr á dinamización, difusión e uso da lingua galega no eido universitario, promovendo a súa presenza nos proxectos académicos e recoñecendo traballos que poñen en valor a cultura, o patrimonio e a realidade social de Galicia é o obxectivo dos premios aos mellores Traballos de Fin de Grao (TFG) de temática galega do curso 2024-25 organizados pola Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa, en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación e o Servizo de Normalización LingüÃstica da Universidade da Coruña (UDC).
Indo aos premios, que foron entregados nunha gala que tivo lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC, no Grao en Comunicación Audiovisual, o premio, cunha dotación de 300 €, foi para o TFG Aberto ao local, realizado polas alumnas Paula López, AntÃa Mujico e Adela MartÃnez. O proxecto consiste nunha campaña de promoción dos negocios galegos que salienta a produción de proximidade como elemento clave para fomentar hábitos de consumo sostibles e reforzar a identidade local. A proposta combina unha estratexia dixital cunha peza audiovisual principal (un spot) e está dirixida especialmente á mocidade galega e a persoas interesadas na sostibilidade e no cambio social.
En canto ao Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogo, o premio ex aequo foi para dous traballos, que recibiron unha dotación de 125 € cada un. Por unha banda, Recreación virtual do Castro de Baroña, do alumno Daniel Farrapeira, un proxecto centrado na recreación virtual en 3D do xacemento arqueolóxico do Castro de Baroña coa finalidade de facilitar a súa divulgación e preservación, creando un espazo inmersivo que permite unha visita virtual accesible que combina rigor histórico e innovación tecnolóxica.
Por outra banda, o traballo Nuno, realizado por AntÃa Iglesias e MartÃn Joga, un proxecto de curtametraxe de animación baseado no relato Falar, incluÃdo no libro Made in Galiza, de Séchu Sende. A historia aborda, desde unha perspectiva sensible e simbólica, a situación dun bebé que medra nun entorno bilingüe, reflexionando sobre o uso da lingua galega na contorna familiar e a súa transmisión ás novas xeracións.
Sinalar que o xurado estivo composto pola profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación e directora da Cátedra Vegalsa-Eroski UDC, Carmen Costa Sánchez; o profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación, Manuel GarcÃa Torre e a coordinadora do Servizo de Normalización LingüÃstica da UDC, Marisol RÃos Noia. No acto de entrega de premios, subliñouse de xeito unánime a necesidade de impulsar o uso do galego nos traballos académicos e de apoiar iniciativas que contribúan ao seu prestixio social e á súa presenza nos ámbitos da comunicación, a creación audiovisual e as novas tecnoloxÃas.
