AGESTIC pon de manifesto a nosa puxante creatividade TIC cos seus premios
venres, 14 de outubro do 2011
A Asociación Galega de Empresas TIC, AGESTIC, fixo entrega este venres en
Santiago dos seus Premios
INNOVA-G, os pertencentes á súa edición 2011, uns galardóns dos que falamos
polo miúdo os dÃas pasados, entre outras cousas para facer un pouquiño
de autoloubanza, e que veñen de pór de manifesto unha serie de boas novas
para o sector produtivo galego. Entre estas boas novas cómpre salientar a
seguinte: as empresas do eido TIC deste o noso recanto do noroeste xeográfico
non teñen nada que envexar, nin por creatividade nin por potencialidade de
mercado, ao que se fai dende os supostos centros principais de innovación e
economÃa.
- Moitos foron os representantes do sector TIC galego que acudiron ao acto de entrega dos Premios INNOVA-G 2011
Os galardóns deste ano, que incluÃron dúas Mencións de Honra, para nós e para os nosos compañeiros de EGANET, foron entregados nun acto celebrado
na sede da rúa do Vilar de NovaCaixaGalicia que operou, en boa medida, como un
resumo do máis representativo do noso sector TIC.
En boa medida, serviu para reunir nun mesmo
lugar, o novo edificio da entidade financeira en Compostela, a unha boa parte
dos principais responsábeis do noso tecido tecnolóxico-dixital, tanto
procedentes dos ámbitos empresarial e investigador como do público. Como
exemplos desta representatividade da que estamos a falar, dicir que no acto de
entrega de galardóns participaron activamente, amais dos representantes das
empresas e entidades finalistas e gañadoras, José MarÃa López Bourio,
presidente de AGESTIC, Andrés Hermida, director xeral de Promoción do Emprego,
e Mar Pereira, secretarÃa xeral de Modernización.
Por certo que os premios contaron coa axuda da
Xunta da Galicia, da ESEI da Universidade de Vigo, do Grupo FEMXA e da
devandita entidade financeira galega.
Os premios, entregados a partir das 12.30
horas, foron convocados co arela de recoñecer o traballo ben feito desenvolvido
dende Galicia en materia tecnolóxico-dixital. Nesta edición, como puidemos
saber, foron dar ás empresas e institucións que citamos de seguido,
recoñecementos aos que cómpre engadir as devanditas Mencións de Honra dedicadas
a Código Cero e EGANET, en boa medida polo seu labor e compromiso de
divulgación tecnolóxico-dixital e pola súa loita continua contra a fenda
dixital no paÃs.
RELACIÓN DE GALARDOADOS:
- Os internautas elixiron a Twin Shoes como a mellor start-up galega
· Mellor start-up galega
Gañador do xurado: Galebook
contidos dixitais
Finalista do xurado: Menus.es
Finalista do xurado: PéZcalo,
innovación contra a crise, "made in Galicia"
Gañador dos internautas: Twin Shoes
Finalista dos internautas: Festa Labs
Finalista dos internautas: Galebook
contidos dixitais
- O xurado elixiu a Frankie Gómez como o mellor emprendedor galego
· Mellor emprendedor/a
galego/a TIC 2.0
Gañador do xurado: Frankie Gómez
Finalista do xurado: Twin Shoes
Finalista do xurado: Pablo Lopez
Gañador dos internautas: Twin Shoes
Finalista dos internautas: vinogallego.com
Finalista dos internautas: Eventos
inteligentes 2.0
· Mellor campaña social
media
Gañador do xurado: Memoria Anual 2010 Cruz Roja
Española en Galicia
Finalista do xurado: Mátalos
de Risa con Kill Paff
Finalista do xurado: Armadiña
Rock 2010
Gañador dos internautas: Memoria Anual 2010 Cruz Roja
Española en Galicia
Finalista dos internautas: Mil a
Gritos Showroom
Finalista dos internautas: vinogallego.com
· Mellor desenvolvemento 2.0
Gañador do xurado: Menus.es
Finalista do xurado: Festa Labs
Finalista do xurado: Derechos
Animales
Gañador dos internautas: Maria
FechorÃa
Finalista dos internautas: Derechos
Animales
Finalista dos internautas: Festa Labs
· Mellor aplicación para
dispositivos móbiles
Gañador do xurado: APP
Páxinas Galegas
Finalista do xurado: Turismo
de Santiago de Compostela para iPhone
Finalista do xurado: ORAMA
Gañador dos internautas: APP
Páxinas Galegas
Finalista dos internautas: A
Universidade de Santiago de Compostela no teu móbil - PROGRAMA A PONTE
Finalista dos internautas: ORAMA
· Mellor deseño para todos
Gañador do xurado: Un Mundo
Accesible
Finalista do xurado: Terra
Chá, donde nace Galicia
Finalista do xurado: Red
social de comercio Compostela de Santiago
Gañador dos internautas: Terra
Chá, donde nace Galicia
Finalista dos internautas: ArtGalicia
Finalista dos internautas: Un Mundo
Accesible
· Mellor desenvolvemento
centrado nos cidadáns
Gañador do xurado: Un
Mundo Accesible
Finalista do xurado: Bildtec
Finalista do xurado: Dependencia
en Familia
Gañador dos internautas: Bildtec
Finalista dos internautas: vinogallego.com
Finalista dos internautas: Fútbol
Coruña: Tu Sala de Prensa Virtual
- Tradicional fotografÃa de grupo cos gañadores da presente edición dos Premios INNOVA-G