Agestic convoca seis cursos de especialización informática para desempregados
venres, 7 de setembro do 2007
Debido á demanda de profesionais no sector das novas tecnoloxÃas, a Asociación Galega de Empresas TIC (Agestic), en colaboración coa ConsellarÃa de Traballo, vén de convocar seis cursos de especialización informática dirixidos a un total de 90 desempregados para cubrir as necesidades de profesionais TIC nas empresas galegas.
Os cursos ofertados son:
- Experto en bases de datos web con ASP.NET (90 horas).
- Programador de servidores con tecnoloxÃa ASP. NET (80 horas).
- Administración de Windows Server (90 horas).
- Administración de Bases de datos SQUL Server 2005 (80 horas).
Os devanditos cursos van dirixidos a desempregados que conten cunha formación básica en novas tecnoloxÃas e que desexen especializarse en programación aplicada ós modelos máis empregados polas empresas galegas do sector TIC que na actualidade teñan dificultades para cubrir moitos destes postos de traballo.
A formación que achega Agestic é mixta, composta dunha parte presencial e doutra en liña. Os cursos desenvolveranse de xeito simultáneo en Lugo, Ourense, A Coruña e Ferrol, localidades nas que se vén detectando unha maior demanda de profesionais TIC. As inscricións poden realizarse a través da web da Asociación ou ben por teléfono, chamando ó 982 873 903.
