Último engadido : 1 de outubro do 2007.

O vindeiro mércores, 17 de xuño, o Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio acollerá entre as 10:00 e as 14:00 a cuarta edición do Galicia Podcast Summit, un encontro para xuntar a creadores, profesionais do márketing, produtores, especialistas en comunicacións e apaixonados do podcasting e afondar no impacto da intelixencia artificial na creación, distribución e monetización dos contidos dixitais.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), en colaboración co Banco de España, impulsa unha nova edición da iniciativa Finanzas para todos, destinada a mellorar a educación financeira da cidadanía e fortalecer a súa capacidade para adoptar decisións económicas seguras, responsables e ben fundamentadas.

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, entregou este venres 12 de xuño en Ourense un dos catro bonos regalo de 250 euros que se sortearon nas redes sociais entre as persoas que participaron na primeira edición de 2026 dos Bonos Activa Comercio.

Os concellos de Cuntis, Moraña, Portas e Barro e máis a Unión Nacional de Asociacións Familiares (UNAF) veñen de xuntar forzas para traballar este verán por unha Rede segura, poñendo o foco nos menores de idade. Farano a través do proxecto de prevención de condutas aditivas os ditos concellos e dunha sesión formativa dirixida a familias.

Boox presentou o Go 6 (Gen II), a segunda xeración do seu lector electrónico de 6 polgadas, que incorpora por primeira vez compatibilidade cun lapis dixital para tomar notas, realizar anotacións e subliñar contidos. O dispositivo mantén a súa orientación á mobilidade, pero amplía as súas funcións máis alá da lectura grazas á integración dunha aplicación nativa de notas.

Mestrelab Research presentou os resultados do proxecto SCI-Data, unha iniciativa orientada ao desenvolvemento dunha solución tecnolóxica avanzada e con ampla marxe de evolución para a xestión, procesamento e estandarización de grandes volumes de datos científicos procedentes de múltiples fontes, con especial foco na investigación en sectores químicos, farmacéuticos e de ciencias da vida.

A robótica avanzada, os robots humanoides e os xemelgos dixitais protagonizaron no edificio Redeiras da UVigo, unha nova edición dos Encontros Gidein, unha iniciativa do Grupo de Innovación Docente Empresa e Innovación e o Grupo de Enxeñaría de Fabricación, GEF, da Universidade de Vigo en colaboración co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, CTAG.

Unha análise técnica realizada de forma conxunta por iFixit e NBC News sobre o smartphone Trump Mobile T1 conclúe que o dispositivo é, na práctica, unha versión case idéntica do HTC U24 Pro lanzado en 2024, con cambios fundamentalmente estéticos. O estudo combina escaneos por tomografía computarizada, inspección non destrutiva e desmontaxe completa do terminal.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, inaugurou a primeira hora deste xoves 11 de xuño o IV Foro Azul, celebrado no marco do Festival Mar de Mares no Espazo Avenida Abanca, na Coruña. Nel, resaltou os avances tecnolóxicos do sector marítimo galego e as novas iniciativas que se están a aplicar desde a Xunta de Galicia para o proceso de transición dixital e tecnolóxica.

A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe en Ribadeo na inauguración da xornada técnica Transformación dixital e intelixencia artificial: unha mirada desde a saúde laboral, organizada polo Laboratorio de Riscos Psicosociais do Issga e a Universidade de Santiago de Compostela (USC). O encontro reuniu a 65 participantes procedentes de diferentes ámbitos profesionais e institucionais. Durante a súa intervención, a responsable do Issga destacou a necesidade de anticiparse aos novos riscos psicosociais para garantir contornos de traballo saudables e sostibles, ao tempo que puxo en valor o papel que desempeña o Laboratorio de Riscos Psicosociais neste ámbito.

O director da AMTEGA, Damián Rey, participou hoxe en Madrid na clausura do primeiro Sandbox europeo de IA, unha iniciativa na que a Xunta tomou parte cun proxecto baseado na aplicación da intelixencia artificial para optimizar e automatizar a transcrición das chamadas aos servizos de emerxencia.
Damián Rey valorou de maneira moi positiva a participación de Galicia neste Sandbox, xa que permitiu «traballar de forma práctica sobre os requisitos do Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial e comprender como aplicar esas esixencias regulatorias nun sistema real de alto risco».

O Concello de Allariz, en colaboración coa ANPA Airiña do CEIP Padre Feijoo e a AFA Vilanova do IES Allariz, veñen de pór en marcha o proxecto Espazo Amigo da Infancia, nova iniciativa que consiste nunha rede de establecementos comerciais e hostaleiros comprometidos co benestar, a seguridade e a autonomía dos nenos, nenas e adolescentes do municipio.

O Tribunal Rexional de Múnic ditou unha resolución de gran relevancia para o futuro dos sistemas de busca baseados en intelixencia artificial ao concluír que as escolmas xeradas por IA nos resultados de Google constitúen contido propio da compañía e, polo tanto, esta pode ser considerada directamente responsable das afirmacións falsas que difundan.

A futura Lei de Educación Dixital de Galicia incorporará preto dunha trintena de achegas por parte do Consello Escolar de Galicia, o órgano colexiado de debate e reflexión no eido do ensino onde están representados o conxunto dos actores que conforman a comunidade escolar como son as familias, o alumnado, o profesorado, os centros, as organizacións sindicais e as distintas administracións, entre outros.

O CPEIG celebra este venres a súa XVIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, unha gala que terá lugar no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago de Compostela, a partir das 19:00 horas, e na que se entregarán os premios anuais da profesión.

O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia espacial e dixitalización operativa por parte das empresas mediante o impulso de dous proxectos de I+D: LEDITIA e XESTA. Ambas as iniciativas están financiadas pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta no marco do programa Nexos 2025, e co-financiado pola UE a través de Fondos Europeos e o Programa Galicia FEDER 2021–2027.

Adamo quere acompañar á selección nacional na Copa do Mundo 2026, que comeza este mesmo 11 de xuño. A forma de facelo é beneficiando tanto a posíbeis novos clientes como aos que xa o son. En concreto, se España gaña o Mundial (o cal, segundo Adamo, “non resultaría desatinado en absoluto, posto que é unha das favoritas”) Adamo regalará todo un ano de fibra óptica e móbil gratis aos 1.000 primeiros que contraten desde o pasado 9 de xuño ou que o fagan antes do 27 deste mesmo mes. Unha vez feita esta xestión, bastará con que se inscriban na web de Adamo, na sección adicada ao Mundial.

Unha grave fenda de seguridade na plataforma Cannabis Club Systems (CCS), desenvolvida pola empresa irlandesa Nefos Solutions para a xestión de clubs sociais de cánnabis, deixou accesibles na Internet centos de miles de documentos de identidade, rexistros persoais e mensaxes privadas de membros destes establecementos en varios países.

Xbox iniciou unha profunda revisión da súa estratexia empresarial tras recoñecer dificultades en áreas clave como a rendibilidade, a fabricación de consolas, a estrutura dos seus estudios e a infraestrutura tecnolóxica da plataforma. Así o recolle unha mensaxe interna asinada polos novos máximos responsables da división, Asha e Matt, e publicada oficialmente por Microsoft.

Tras meses de estar contar con prototipos en mans de influentes e analistas, Insta360 puxo hoxe á venda a Insta360 Luna Ultra, unha cámara gimbal de nova xeración que chega cunha clara intención: elevar o estándar da gravación móbil profesional. O dispositivo combina un sistema de estabilización mecánica de tres eixes con óptica Leica e un conxunto de procesamento baseado en Triple Chip IA, unha arquitectura que lle permite ofrecer vídeo en 8K, mellor rendemento en baixa luz e ferramentas avanzadas de creación pensadas tanto para profesionais como para creadores de contido en mobilidade.
· Galicia Podcast Summit celebrará a súa 4ª edición na Coruña
· Nova edición das sesións formativas Finanzas para todos na Rede CeMIT
· A Xunta destaca a boa acollida nas redes sociais da campaña Activa Comercio
· Cuntis, Moraña, Portas e Barro xuntan forzas por unha Rede segura para a rapazada
· O novo lector de libros electrónicos de Boox engade compatibilidade con lapis
· Os Encontros Gidein analizan o papel da robótica avanzada na industria do futuro
· Confirman que o Trump Mobile T1 é un móbil chinés pintado de dourado
· Os avances tecnolóxicos do noso sector do mar, ao detalle no Festival Mar de Mares
· Ribadeo acolle unha xornada sobre saúde laboral e intelixencia artificial
· O director da AMTEGA participou na clausura do primeiro Sandbox europeo de IA
· Un tribunal considera que as escolmas xeradas por IA son responsabilidade de Google
· O CPEIG celebra este venres a súa XVIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia
· Adamo regalará 1.000 contratos anuais de fibra e móbil gratis se España gaña o Mundial
· Expostos os datos persoais de preto dun millón de consumidores de cánnabis
· Xbox prepárase para unha grande reestruturación
· Insta360 estrea a súa cámara estabilizada con dobre obxectivo
· O Proxecto Nós estreita lazos coa industria para avanzar na IA en galego
· A TVG presentará as súas novas apostas de ficción no Festival Internacional de Series Ría de Vigo
· Sonic, Final Fantasy e simulación agrícola entre as novas incorporacións de PlayStation Plus
· En marcha unha nova UMI galega orientada á dixitalización e seguridade biofarmacéutica: D’AIRA
· Ubisoft despedirá preto de 380 empregados
· A Politécnica de Ferrol acolle unha nova edición do curso sobre técnicas de modelado 3D
· O Kindle Scribe con pantalla a cor chega a España
· A Xunta avoga por unha evolución dixital do turismo
· Valve deixará de vender tarxetas agasallo físicas