Blusens abre a súa tenda en liña, Blusens Store
martes, 3 de novembro do 2009
A multinacional tecnolóxica galega,
Blusens, co obxectivo de ofrecerlle unha nova canle adicional aos seus clientes
de todo o mundo, vén de crear a súa tenda en liña Blusens Store, que pón ao
alcance da man de tódolos internautas moitos dos produtos que a compañía
distribúe en máis de 50 mercados nacionais e internacionais.
Na súa teima por ofrecerlle o mellor
servizo posible aos seus usuarios, Blusens abre esta tenda con vistas a ofertar
toda a súa gama de produtos, e nun primeiro momento, ao longo deste mes de
novembro, os clientes poderán aproveitar importantes ofertas de lanzamento.
Blusens
Store foi deseñada para que, de maneira cómoda e
intuitiva, calquera usuario poida navegar, informarse e adquirir calquera
produto da compañía dende calquera lugar do mundo. Unha vez rexistrado, todo
usuario poderá encher a súa cesta da compra cos produtos tecnolóxicos da súa
elección, nun proceso totalmente transparente.
Como xeitos de pago, Blusens permite a
compra coas principais tarxetas de crédito/débito: VISA, Mastercard e American
Express.
Asemade, Blusens implementou un sistema
de aprobación de tarxetas non emitidas en España para que calquera persoa do
mundo poida ter acceso aos seus produtos.
O usuario, unha vez efectuado o pedido,
poderá obter información en liña sobre o estado dos seus pedidos, tempos de
entrega, envíos, devolucións, reparacións… e asemade, dispón dun teléfono de
atención ao cliente (902 300 442), así como un mail (clientes@blusens.com) para que poida
aclarar as súas dúbidas con respecto a algún produto ou pedido realizado.
A intención desta iniciativa é, segundo
vén de informar o director de Marketing de Blusens, Miguel Churruca, “aportar un punto máis de cercanía aos
usuarios, proporcionandolles aos clientes maior información e posibilidades de
elección, ao tempo que aumentan a dispoñibilidade dos seus produtos a nivel
online”.
A compañía, engade, “traslada a Blusens Store os mesmos
principios que contribuíron á súa expansión en máis de 50 países: deseño,
calidade e facilidade de uso”.
