Código Cero recibe o Premio Lingua e Empresa do Concello de Ames
mércores, 30 de decembro do 2020
Onte realizouse a entrega
dos galardóns ás empresas gañadoras do Premio Lingua e Empresa do Concello de
Ames. O xurado da terceira edición deste premio decidiu, por unanimidade,
recoñecer o labor e o compromiso coa lingua de dúas empresas do Milladoiro, o
Grupo Código Cero Comunicación e o Centro Óptico e Auditivo Ollar.
Trátase da terceira edición deste premio posto en marcha
polas concellarÃas de Normalización LingüÃstica e de Promoción Económica. A
través desta iniciativa preténdese recoñecer publicamente a contribución ao
aumento e á mellora do uso social do galego dende o ámbito empresarial, asÃ
como promover o uso da lingua galega na actividade económica do Concello de
Ames. Nesta edición o premio establecÃa dúas categorÃas, dotadas cada unha
delas con 1.500 euros máis unha campaña de difusión na radio de Ames.
No acto de entrega de premios estiveron presentes o alcalde
do Concello de Ames, José Miñones, a concelleira de Promoción Económica, Ana
Belén Paz, e a concelleira de Normalización LingüÃstica, Escarlata PampÃn,
xunto cos técnicos municipais, Jorge Couñago e Rosa Moreiras. Ademais dos
membros do xurado, Miguel López Crespo, técnico da Unión de Consumidores de
Galicia, e AntÃa Rei Martiz, graduada en Lingua e Literatura Galegas e
colaboradora no Servizo de Normalización LingüÃstica do Concello de Ames, asÃ
como os representantes das dúas empresas premiadas, Xosé MarÃa Fernández Pazos,
do Grupo Código Cero Comunicación e, MarÃa MartÃnez Cebey, do Centro Óptico e
Auditivo Ollar .
O alcalde, José Miñones, destacou a importancia destes
premios que relacionan lingua e empresa: «xa van 3 edicións, polo tanto empeza
a medrar, pouco a pouco, este galardón que para nós é moi importante polas dúas
vertentes que combina e que é moi necesario potenciar tamén de xeito conxunto,
a normalización lingüÃstica e a empresa».
A concelleira de Normalización LingüÃstica, Escarlata
PampÃn, deulle as grazas e os parabéns a todas as empresas participantes pola
súa responsabilidade social, polo seu compromiso coa lingua e por seren
conscientes das vantaxes do uso do galego na comunicación empresarial. «Parabéns
por apostar pola lingua galega no eido empresarial e nos vosos negocios para
dar fe de que o galego é un elemento que achega calidade, proximidade,
diferenciación e innovación. Oxalá estes recoñecementos sirvan para animar a
moitas máis empresas a sumárense ao galego e a non desaproveitar as vantaxes
que implica o uso consciente da lingua».
Por parte do xurado, Miguel López afirmaba que a Unión de
Consumidores de Galicia achega a perspectiva da clientela e dá fe de que os usuarios
e usuarias valoran positivamente o uso do galego no ámbito empresarial. A
lingua é un valor engadido que proporciona a un tempo diferenciación e
proximidade e, pola nosa experiencia, o uso da lingua galega lÃgase
habitualmente coa calidade na atención á clientela. Destacou ademais o uso
responsable e coherente que fan da lingua ambas as empresas gañadoras desta
edición, unha delas cunha traxectoria en galego ligada ao ámbito tecnolóxico
desde hai máis de vinte anos e a outra unha empresa de recente creación que
desde o inicio tivo moi claro o uso da
lingua tanto na rotulación dos seu establecemento, como na comunicación coa
clientela, nas redes sociais e na publicidade en diferentes soportes.
Empresas gañadoras do III Premio Lingua e Empresa
Nesta edición do premio establecéronse dúas categorÃas:
– Na categorÃa A, de uso consolidade da lingua, na que
participaban empresas que realizan un uso estable e continuado da lingua galega
dende hai máis de dous anos, a empresa gañadora foi Código Cero, polo seu labor
decidido e comprometido a prol da normalización lingüÃstica no eido da
comunicación, nomeadamente no ámbito tecnolóxico. O xurado destacou a aposta pola
lingua galega como elemento de marca, o impacto da publicación e a relevancia
da súa actividade. Xosé MarÃa Fernández, representante da empresa, salientou a importancia
destes premios e animou a que se consoliden dado que «iniciativas como estas
son cada dÃa máis necesarias porque a situación do galego está indo a peor».
– Na categorÃa B, de nova incorporación ou creación,
participaron empresas que se crearon nos últimos dous anos ou que se
incorporaron ao galego dentro dese mesmo perÃodo. A empresa premiada foi Ollar, un centro
óptico e auditivo do Milladoiro por incorporar a lingua á súa actividade de
maneira regular, coherente e implicada, apostando claramente polo galego en
todos os eidos, tanto internos como externos.