Hoxe celébrase o primeiro aniversario da Wikilengua

mércores, 11 de marzo do 2009 Raquel Noya

A partir das 12:00 deste mediodía, o secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Francisco Ros, vai participar no acto de celebración do primeiro aniversario da Wikilengua, que terá lugar en Madrid, na Sede da Secretaría que el mesmo representa.
O acto, La Wikilengua del español, una herramienta didáctica de vanguardia, contará asemade coa presenza do presidente de Fundéu e director da Real Academia Española, Victor García de la Concha, así como coa do presidente da axencia EFE e vicepresidente de Fundéu, Alex Grijelmo.
Tamén asistirá, como non podía ser doutra maneira, o coordinador da Wikilengua, Javier Bezos.