Industria abre unha consulta pública para elaborar un plan de xeneralización de uso da factura electrónica
xoves, 28 de maio do 2009
Cumprindo
coa Lei de Medidas de Impulso da Sociedade da Información aprobada polas
Cortes, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, vén de anunciar a
apertura dunha consulta pública para elaborar un plan de xeneralización do uso
da factura electrónica a partir das opinións dos actores interesados no
desenvolvemento da mesma.
A
consulta, á que se pode acceder dende a web
da devandita entidade pública, solicitará a opinión dos provedores e
usuarios de solucións de factura electrónica asà como dos técnicos do sector da
Sociedade da Información e as Telecomunicacións.
En
concreto esta consulta en liña, que estará aberta ata o vindeiro 30 de xuño, dirÃxese
ás asociacións das entidades provedoras de solucións técnicas de facturación
electrónica, ás asociacións de usuarios destas solucións e aos colexios
profesionais que agrupen a técnicos do sector da Sociedade da Información e as
Telecomunicacións. Asemade, remitiráselle aos membros do Consello Asesor das
Telecomunicacións e da Sociedade da Información (CATSI).
O
impulso deste tipo de facturación electrónica xa fora unha das prioridades do
Plan Avanza e tamén forma parte das actuacións do máis recente Plan Avanza2.
Este
plan daralle pulo ao desenvolvemento do comercio electrónico entre empresarios,
profesionais e demais axentes do mercado, en particular, entre as pequenas e
medianas empresas e as microempresas. Asemade, o plan terá en conta, entre
outros aspectos, os criterios de accesibilidade e a promoción da
interoperabilidade das distintas solucións de facturación electrónica, asà como
a inclusión de esquemas especÃficos de axudas económicas para a implantación da
factura en liña.
Este
tipo de facturación, tal e como aseguran os profesionais do sector, aporta
numerosas vantaxes, entre as que destacan o aforro de custes, a mellora da
eficiencia, a obtención de información en tempo real, a reducción de tempos de
xestión, a axilidade na toma de decisións e a autorización da administración e
a contabilidade.
Para
dar conta das múltiples vantaxes e funcionalidades desta feramenta, os
Ministerios de EconomÃa e Facenda e de Industria, Turismo e Comercio, veñen de
por en marcha o portal Facturae.es, onde
se proporciona información, aplicacións, normativa e guÃas sobre factura electrónica
de xeito doado e rápido a golpe de rato.
