Kodak estrea a súa tenda en liña en España
luns, 13 de setembro do 2010
Eastman
Kodak Company, unha das compañÃas máis innovadoras do mundo no sector da imaxe,
vén de anunciar que desde esta mesma semana, todos os seus clientes en España
poderán adquirir produtos da marca sen ter que desprazarse dos seus fogares, pois
a entidade vén de crear a súa tenda en liña, que xa leva tempo funcionando
noutros paÃses con resultados moi positivos.
Desta
maneira, os clientes da coñecida firma, poderán adquirir todo tipo de produtos
relacionados coa imaxe dixital e analóxica e telos nas súas casas nun prazo
aproximado de 8 dÃas.
A
tenda en liña foi creada, segundo afirman os seus responsables, para facilitarlle
a compra de produtos Kodak aos usuarios, e dese xeito incrementar
considerablemente as vendas.
Para
comprar en liña, os usuarios só teñen que entrar na páxina oficial de Kodak España, buscar e comparar os produtos
dispoñibles e realizar as compras directamente de maneira rápida e doada.
