O CESGA maila DXT asinan un convenio de colaboración
venres, 12 de decembro do 2008
O vindeiro luns
día 15 de decembro, ás 12:30 horas, o director xeral de I+D+i da Consellaría de
Innovación e Industria en calidade de presidente do CESGA (cargo que tamén ocupa), mailo xefe
provincial de Tráfico de A Coruña e Coordinador dos Centros Territoriais da DXT
en Galicia, asinarán un convenio de colaboración en reciprocidade por 10 anos
para o uso de infraestruturas de interese para as dúas partes.
O
convenio posibilitará, segundo anunciaron os seus responsables, unha “sustancial mellora da rede de comunicacións
da comunidade científica galega”, a través do uso que o CESGA fará das
canalizacións e galerías de servizos
coas que a DXT conta, permitindo ao mesmo tempo que este organismo
realice as súas simulacións numéricas no Finis Terrae, para o desenvolvemento
de modelos de simulación e almacenamento masivo de datos.
