O arquivo de arquitectura tradicional galega chega ás 2000 fotos en Flickr

martes, 16 de decembro do 2008 Raquel Noya

O grupo de Flickr de arquitectura tradicional galega, que recolle fotografías do patrimonio artístico tradicional galego e máis concretamente de “arquitectura sen arquitectos” tal como: eiras, alpendres, alvarizas, batáns, capelas, vivendas, cerres, muíños, oleiras, ouriceiras, palcos, palleiras, pallozas, pendellos, pozos… e outros exemplos de arquitectura típica recollida das paisaxes da nosa comunidade, vén de superar as 2.000 imaxes penduradas na coñecida web.
O grupo, que está aberto a tódolos amantes da fotografía do noso patrimonio cultural, conta na actualidade cun total de 323 membros, os cales, fan un chamamento a tódolos internautas que desexen aportar as súas imaxes para “seguir medrando”.