O asistente de IA do novo móbil de Sony marca o camiño do que fuxir
venres, 15 de maio do 2026
Esta semana abrÃronse as reservas para facerse co Sony Xperia 1 VIII, un smartphone que prometÃa converterse nun dispositivo totalmente irrelevante, especialmente por non ter nada que xustificase o seu elevadÃsimo prezo (1.499/1.999 euros), pero que finalmente está a acaparar titulares, aÃnda que por nada positivo.
O novo smartphone de Sony presumÃa dun novo asistente de cámara con IA que recoñece as escenas para suxerir opcións como tons de cor, efectos de lente e expresións de desenfoque de fondo, que dende o equipo de comunicación e márketing de Sony non parecen entender, xa que nas imaxes de exemplo que publicaron en redes sociais e na páxina web do propio produto vemos todo o contrario ao que buscarÃa calquera usuario cun mÃnimo coñecemento fotográfico, estragando claramente as imaxes ao incrementar a exposición e o contraste e reducir a exposición das cores, ata conseguir imaxes moito máis pobres que as orixinais.
A publicación de Sony en X na que compartiron as fotografÃas de exemplo superou amplamente os 9 millóns de visualizacións nun dÃa, con numerosos usuarios pensando que se debÃa de tratar dunha especie de broma para captar interaccións en redes sociais, pero o feito de que estas mesmas imaxes estean publicadas na páxina web do produto indicarÃan que non é o caso, e realmente estamos ante un produto desnortado, que non só non estarÃa fabricado pola propia Sony, senón que tamén fracasarÃa estrepitosamente á hora de atraer o único público que poderÃa ter interese en facerse cun smartphone da marca nipoa (os amantes da fotografÃa, que son incondicionais das cámaras Sony Alpha).

- Os exemplos compartidos por Sony son todo un exemplo de como estragar unha imaxe procesándoa demasiado con IA
Curiosamente os exemplos do asistente de IA do smartphone no seu vÃdeo de presentación non cometen os erros das imaxes de exemplo
