Red Dead Redemption terá versión para PS4 e Nintendo Switch
luns, 7 de agosto do 2023
Rockstar
Games anunciou hoxe que a súa grande aventura no salvaxe Oeste, Red Dead
Redemption, xunto co seu contido adicional Undead Nightmare, vén
de ser convertida a PlayStation 4 e Nintendo Switch por Double Eleven Studios,
facilitando asà que os xogadores desas consolas poidan gozar de tal clásico
moderno, salientando o feito de que a versión para PS4 é retrocompatible con
PS5.
Cómpre lembrar que este tÃtulo tivo deu lugar a un xogo aÃnda máis ambicioso, Red
Dead Redemption 2, que a nivel de historia serÃa unha precuela, polo que os
que chegaran á saga nese momento poderÃan estar interesados en facerse con Red
Dead Redemption para ver a continuación da trama, de aà que esta adaptación
a consola recentes teña certo sentido.
O xogo chegará inicialmente ás tendas dixitais (de feito, xa podemos velo na
Nintendo eShop coa data de lanzamento fixada no vindeiro dÃa 17), mentres
que para poder facernos cunha copia en formato fÃsico teriamos que agardar até
o 13 de outubro.
Cómpre salientar que existe certo malestar na comunidade de xogadores ao ver
que un xogo tan vello (ten máis de 13 anos) pretenda venderse sen ningunha
mellora a un prezo de 49,99 euros. Lembremos que a versión para Xbox 360, que
pode xogarse en Xbox One e Xbox Series X|S, ten un prezo oficial de 29,99 euros
(chegando a venderse de oferta por menos de 10 euros).
Tráiler de Red Dead Redemption para Nintendo Switch